Begonte recupera o 25 de xuño a súa carreira popular

TerraChaXa
O Concello de Begonte anunciou que este ano recupérase a Carreira Popular do Concello de Begonte, que acadaría a súa V edición.
carreira popular begonte portada
29 Abr 2022

O Concello de Begonte anunciou que este ano recupérase a Carreira Popular do Concello de Begonte, que acadaría a súa V edición tralo parón de dous anos debido á pandemia.

A carreira terá lugar o 25 de xuño, sábado, e contará tamén cunha andaina. Novamente está prevista a celebración de varias carreiras por idades, ademais da competición absoluta, na que se percorrerán 7 quilómetros.

Esta cita co atletismo é xa un referente na comarca e todos os anos reúne en Begonte centos de persoas. En breve daranse a coñecer os detalles da mesma e abrirase o prazo de inscrición.

0.14485907554626