Begonte recupera o día 25 a carreira popular

TerraChaXa
O Concello de Begonte organiza para o día 25 de xuño a nova edición da Carreira Popular que xa chega a súa quinta edición.
carreira popular concello begonte andaina portada
11 Xuño 2022

O Concello de Begonte organiza para o día 25 de xuño a nova edición da Carreira Popular que xa chega a súa quinta edición, tras dous anos en celebrarse. Ademais, organízase unha andaina para todas as idades que dará comezo ás 10.00 horas cunha distancia de 700 metros.

O apartado deportivo arrincará coa carreira absoluta será ás 11:00 horas. Ás 12:00 horas comezará a proba da categoría D, nados de 2004 a 2006 e que percorreran 3.500 metros; logo chegará a categoría C ás 12:15 horas serás os nados de 2007 a 2009 e farán 2.000 metros; a categoría B será ás 12:35 horas cos nados de 2010 a 2012 percorrendo 1.000 metros; ás 12:45 horas a categoría A percorrerá 500 metros e será para os nados de 2013 a 2014; e xa por último os minis, nados de e de 2015 a 2018, que farán 150 metros e comezarán ás 12:50 horas.

Os premios serán para os cinco primeiros clasificados na carreira absoluta masculina e feminina, que ademais de trofeo recibirán cartos, que oscilan entre os 200 e os 50 euros. Tamén haberá premios para os equipos e distinguirase ao primeiro atleta local masculino e feminino.

A inscrición pode realizarse a través da web championchipnorte.com antes do 22 de xuño.

E para finalizar este evento deportivo, tódolos participantes poderán degustar uns aperitivos gratis, finalizada a entrega de premios, no Club Fluvial de Begonte.

Disporase de ludoteca gratuíta para os nenos atletas e o fillos dos atletas mentres se disputan as carreiras.

0.19687509536743