Begonte recupera o seu magosto o día 12 de novembro

TerraChaXa
O Concello de Begonte retoma o tradicional magosto popular, que se celebrará o sábado día 12 de novembro a partir das 21.30 horas.
magosto popular begonte portada
31 Oct 2022

O Concello de Begonte retoma o tradicional magosto popular, que se celebrará o sábado día 12 de novembro a partir das 21.30 horas no Pavillón Municipal de Begonte (CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño), na que será a VIII edición.

Os asistentes poderán desfrutar dunha cea con empanada, xamón cocido, liscos, postre, castañas e viño. Ademais, a noite estará amenizada musicalmente.

O prezo das entradas será de 6 euros para os veciños de Begonte e de 12 para o resto. Para acudir será imprescindible retirar a entrada previamente nas dependencias do Concello a partir do luns 24 de outubro e antes do martes 8 de novembro.

No momento do pago, deberase entregar o importe xusto. Soamente poderán acceder ó recinto as persoas que entreguen a súa entrada previamente recollida no Concello.

0.16450095176697