Begonte repartiu unhs 2.450 euros en premios este Entroido

TerraChaXa
Na categoría infantil, o premio especial do Concello foi para Pirotecnia Parga; en adultos recaeu en Piratas do Ladra e na sección de mascarada destacou Perigo nas olas
entroido-begonte
15 Mar 2025

O desfile de Entroido de Begonte contou con preto de medio cento de inscritos, consolidándose como un dos eventos máis destacados na comarca da Chaira. O pavillón de Baamonde foi o escenario onde participantes e público gozaron dunha xornada festiva na que o Concello repartiu 2.450 euros en premios ás mellores propostas carnavalescas.

Na categoría infantil, os galardóns especiais do Concello de Begonte foron para Pirotecnia Parga e A noiva de plástico. En adultos, o primeiro premio recaeu en Piratas do Ladra. Na sección de mascarada destacaron Perigo nas olas e Unha aventura de altura.

No apartado de premios individuais ou por parellas, na categoría infantil os recoñecementos foron para De oca a oca e tiro porque me toca, A polinización da abella do millo e A sirenita, con mención especial para O abuelo da Revolta. En adultos, os galardóns foron para Carnaval a ritmo de acordeón, Do lixo ao luxo as estacións en festa e Salta, salta, pequeno canguro.

Na categoría de mascarada, os recoñecementos foron para Doncelas do azul chairego, Begonte en flor e No a las guerras. En comparsas, os premios foron para Os Edro e a fábrica de bonecos, Cazabichos, Postureo na Chaira contaminada, De bolboretas vai a cousa e Baixo o mar. Ademais, entregáronse accésits a Wester Molón, Sen millo non é nada, El musical de Priscinetes, O circo do Entroido e O circo de Outeiro.

O evento destacou pola gran participación e a creatividade das propostas.

⚙ Configurar cookies
0.28210592269897