Begonte: Ruta das lagoas

TerraChaXa
En Begonte atópase esta ruta que nos permitirá coñecer as diferentes lagoas da zona e desfrutar dunha paixase natural única
Lagoas begonte
31 Ago 2023

Unha ruta de aproximadamente seis quilómetros e cunha dificultade baixa perfecta para coñecer este paraxe natural da zona de Begonte.

Para realizar esta ruta podemos saír dende o Club Fluvial de Begonte en coche e colleremos a N-VI en dirección a Baamonde. Tras percorres uns tres quilómetros por esta estrada atoparemos unha sinal coa indicación de Lagoa de Riocaldo, onde nos desviaremos, para percorrer outros trescentos metros e chegar ao lugar onde deixaremos o coche para continuar camiñando.

Continuamos o camiño pola esquerda onde xa poderemos observar a primeira das lagoas, que bordearemos continuando o camiño. Ao chegar a unha pequena estrada volveremos a coller a esquerda ata chegar á nacional para coller á dereita e seguir o couce do río Ladra ata cruzar a ponte da autovía dende onde observaremos unha fermosa panorámica. Continuamos polo camiño ata chegar á veira das Lagoas do Pedroso.

De volta volveremos a cruzar a ponte da autovía e colleremos a esquerda continuando por pequena estrada que realiza un xiro a dereita para pasar entre dúas das lagoas de Riocaldo e que nos levará ata o primeiro desvío que collemos no que si xiramos á esquerda e continuamos camiñando estaremos de novo no lugar onde deixamos o coche.

Se seguimos dende onde deixamos o noso vehículo, en dirección contraria que ao comezo, bordearemos outras das lagoas e chegaremos ata unha pequena vivenda abandonada na que teremos que dar a volta e desfacer o camiño ata o coche.

A Terra Chá conta un importante complexo húmido sendo un auténtico santuario de natureza, acollendo grandes reliquias botánicas e configurándose como un refuxio preferente para aves migratorias en época invernal. Dentro deste territorio destacan tamén estas lagoas que está situadas entre as parroquias de Begonte e Pacios, xunto ao río Ladra.

Orixinadas a maioría polas explotacións mineiras para a extraccións de materiais como a area ou a arxila este espazo natural conta cunha gran flora e fauna acuática entre as que se poden atopar diferentes especies que converten este sitio nun Lugar de Interese Comunitario dentro da Rede Natura 2000. No paraxe natural da Lagoa de Riocaldo tamén atoparemos aves acuáticas entre as que poderemos ver garzas, cormoráns ou patos e tamén mamíferos dos que destaca a presenza de xabaríns e corzos.

Lagoas ruta begonte
señal lagoa begonte
lagoa de riocaldo begonte
0.17967891693115