Begonte saca unha normativa a seguir durante a noite das fogueiras

TerraChaXa
Deberán presentar unha comunicación previa, no rexistro xeral do Concello antes do día 20
lume-fogueira-cacharela
Fogueira
16 Xuño 2024

Con motivo da celebración da festividade de San Xoan, o Concello de Begonte fixo pública a normativa para levar a cabo as tradicionais fogueiras.

Deberán presentar unha comunicación previa, no rexistro xeral do Concello antes do próximo día 20 ás 14.00 horas.

Ademais terán en conta o seguinte:

  • Os/As titulares da finca na que se realicen, serán responsables dos danos que poidan ocasionar con motivo da mesma.
  • Deberán deixar recollidos os restos unha vez rematada a queima.
  • As fogueiras realizaranse en parcelas privadas (sen acceso ó público en xeral) polo que non poderán facerse en vías públicas pavimentadas, nin en zonas verdes ou xardíns, lugares próximos ás liñas eléctricas ️, inmobles ou outros onde poida crearse situación de perigo.
  • As fogueiras terán que gardar unha distancia mínima de 12 metros lineais coa vexetación, coas casas e cos edificios máis próximos.
  • A súa altura máxima será de 14 metros e o diámetro da zona de combustión non superará os 6 metros de ancho.
  • Para a combustión só poderá empregarse leña, ramas, troncos de árbores ou calquera material de madeira. Estará prohibido o uso de materiais inflamables como rodas e cubertas de goma, plástico ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes , explosivos, fedorentos ou tóxicos.
  • Deberase deixar apagado o foco antes de marchar; en caso de vento non se poderá levar a cabo o prendido da mesma.
0.19395208358765