Belesar celebra as festas do Corpus Christi esta fin de semana

TerraChaXa
O venres 30 de maio, a partir das 22:00 horas, haberá pinchos gratuítos para todos os asistentes, seguidos dunha animada verbena a cargo do dúo Venus
festas-en-belesar
26 May 2025

A parroquia de Belesar, en Vilalba, celebrará os vindeiros días 30 e 31 de maio as súas tradicionais festas na honra ao Corpus Christi cun variado programa de actividades pensado para todos os públicos.

O venres 30 de maio, a partir das 22:00 horas, haberá pinchos gratuítos para todos os asistentes, seguidos dunha animada verbena a cargo do dúo Venus. Durante a noite sortearanse tamén diversos agasallos entre o público.

A xornada do sábado 31 comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne e a tradicional procesión, acompañada pola música da agrupación Mestura de Nete. Xa pola tarde celebrarase a sesión vermú coa Orquestra Miramar, que tamén será a encargada da verbena nocturna, compartindo escenario co dúo Son de Festa.

Ademais, os máis pequenos poderán desfrutar de colchonetas gratuítas, e as festas contarán cun campo cuberto con carpa, garantindo así a celebración sen importar as condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.1655490398407