Berlai actuará o sábado na Casa de Manuel María
Berlai, o proxecto musical creado por Xiao Berlai, estará este sábado, día 14 de decembro, ás 20 hrs, na Casa-Museo Manuel María co traballo musical Desconhecido. Xunto a esta banda estará o debuxante Ernesto G. Torterolo, ilustrador do libro de banda deseñada que acompaña o CD Desconhecido e cuxas marabillosas ilustracións poderán desfrutarse en vivo durante o concerto.
Desconhecido é todo un mesmo traballo onde se funde narrativa visual, poesía e música para contar a historia dun home que escolleu a renuncia perante a imposibilidade do amor negado pola contorna social. Este traballo de Berlai será presentado en acústico con guitarra, mandolina, voz, piano e contrabaixo.
O Clube de Lectura da Casa-Museo escolleu para a súa última sesión deste ano 2019 a lectura deste libro de banda deseñada, Desconhecido, que acompaña o traballo musical do mesmo nome. É por esta razón que Xiao Berlai e Ernesto Torterolo participarán na reunión do clube de lectura que se levará a cabo na biblioteca de Casa-Museo ás 18.30 hrs.
O concerto é de entrada libre até completar o aforo do auditorio da Casa-Museo. Pode reservarse en contacto@