Bermui celebra o San Antonio o 14 de xuño cunha xornada festiva

A parroquia de Bermui prepárase para celebrar por todo o alto a festividade de San Antonio o vindeiro 14 de xuño, cunha xornada cargada de música, boa comida e actividades para toda a familia.
Os actos comezarán ás 13:00 horas cunha misa solemne, que contará coa participación da Rondalla Vila das Pontes. Ao remate, celebrarase unha sesión vermú amenizada polo cantante Álex.
Ás 15:30 horas terá lugar un xantar popular, cun menú composto por paella, costela asada, sobremesa, café, licores, pan, auga, viño e refrescos. Para participar, será necesario recoller os tíckets antes do 10 de xuño nos establecementos Bar Calvo e Isabelita (en Ribadeume).
Durante a xornada, os máis pequenos poderán gozar dun inchable, e haberá carpa e toldo para garantir o confort de todos os asistentes.
A partir das 21:00 horas, comezará a gran verbena, que estará a cargo de Álex e Eli, e finalizará cunha actuación dun gran DJ, poñendo o broche de ouro a unha festa pensada para o desfrute de veciños e visitantes.