Bernardo Valdês, elixido responsable comarcal do BNG de Lugo

TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa
Bernardo Valdês “poñemos en marcha un novo ciclo no BNG para acadarmos en 2024 o cambio político que Galiza precisa”
bernardo valdes bng comarcal lugo
19 Nov 2021

O BNG celebrou a súa Asemblea Comarcal na que se elixiron as persoas que formarán parte do Consello Comarcal e da Executiva do BNG na Comarca de Lugo. Estes son os órganos de dirección nesta comarca que abrangue un total de 38 concellos lugueses.

Con este proceso asemblear, democrático e participativo, a diferenza con outras organizacións políticas, a súa militancia decidiu pór a 26 persoas levando o rumbo da organización a nivel comarcal, na que Bernardo Valdês Paços será o responsábel comarcal.

As 13 primeiras persoas que conforman a lista da candidatura formarán a Executiva Comarcal.

O proceso asembleario continúa para determinar a totalidade do Consello Comarcal, xa que hai que engadir posteriormente aos responsábeis locais, a/o responsábel e a/o viceresponsábel da subcomarca de Sarria e a perosa desiganda por Galiza Nova.

O novo responsábel comarcal, Bernardo Valdês, afirmou que o BNG comeza un novo ciclo “o BNG pechou unha etapa e pon en marcha un novo ciclo para acadarmos en 2024 o cambio político que precisa Galiza, a militancia máis as 26 persoas que hoxe dicidimos colectivamente poñeremos todo o esforzo preciso para acadalo”.

Neste senso, Bernardo Valdês celebrou a implicación da militancia no proceso asemblear “a militancia do BNG é o seu motor, ela é quen toma as decisións e marca a liña politica, todas e todos facemos grande esta organización a que cada día se achega máis xente para transformar o noso país”.

A lista queda configurada do seguinte xeito:

  • 1.- Bernardo Valdês Paços. Profesor na USC
  • 2.- Tareixa A. Ferreiro Tallón. Vicepresidenta da Deputación de Lugo e concelleira en Lugo.
  • 3.- Efrén Castro Caloto. Concelleiro en Sarria.
  • 4.- Elvira Lombao Vila. Concelleira en Outeiro de Rei.
  • 5.- Xosé Manuel Becerra. Concelleiro en Baralla.
  • 6.- Iria Castro Fernández. Concelleira en Castroverde.
  • 7.- Brais Fernández Fernández. Área de organización do BNG.
  • 8.- Esther López Rodríguez. Responsábel comarcal no periodo 2013-2016.
  • 9.- Cosme E. Pombo Rodríguez. Activista sindical.
  • 10.- María Xesús López López. Concelleira en Samos.
  • 11.- Xosé Ferreiro Fernández. Concelleiro en Outeiro de Rei.
  • 12.- María Rodríguez Seijas. Galiza Nova.
  • 13.- Afonso Losada Rodríguez. Activista sindical.
  • 14.- Sabela Pérez Martínez.
  • 15.- Felipe Rivas Jorge.
  • 16.- Pilar Prieto Pita.
  • 17.- Xosé L. Varela Carreira
  • 18.- Digna Lagarón Doval
  • 19.- Alfonso Legaspi Veiga
  • 20.- M. Dores López Cayón
  • 21.- Consuelo Vázquez Castro
  • 22.- Xosé A. Bao Abelleira
  • 23.- Iván Sangiao Darriba
  • 24.- Carme Aira Díaz
  • 25.- Rubén Arroxo Fernández
  • 26.- Olalla Rodil Fernández

SUPLENTES

  • 1.- Xoán M. Tubío Fernández
  • 2.- Mónica López Rodríguez
  • 3.- Felipe Nieto Pérez
  • 4.- Roberto Carballo López
  • 5.- Branca Rodríguez Pazos

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17466497421265