Biciclistas Galegos celebrará a III Volta Ciclista o 20 de setembro

A asociación deportiva e clube ciclista Biciclistas Galegos acollerá o 20 de setembro a III Volta Ciclista á Terra Chá, unha iniciativa que terá lugar dentro da tradicional Feira do Indiano, que este ano chega á súa XV edición. Será na localidade de Santaballa, en Vilalba.
Ademais da marcha ciclista, dentro da programación tamén se inclúe unha comida popular ao finalizar, actuacións musicais e unha sesión vermú.
Esta actividade completa o extenso calendario de Biciclistas Galegos que perseguen desfrutar da bicicleta dun xeito non competitivo e dar a coñecer as riquezas paisaxísticas, culturais e turísticas das zonas onde se desenvolven as citas. Ademais, a asociación pretende reivindicar e reforzar o uso da bicicleta como medio de transporte limpo, efectivo, e saudable.