Biciclistas Galegos celebraron a Ruta da Muller dedicada a Constanza de Castro

TerraChaXa
A asociación deportiva e clube biciclistas galegos levou a cabo o domingo 1 de outubro a segunda edición da ruta cicloturista da muller.
biciclistas galegos ruta da muller
2 Oct 2023

A asociación deportiva e clube biciclistas galegos levou a cabo o domingo 1 de outubro a segunda edición da ruta cicloturista da muller. Unha proba que busca potenciar o uso da bicicleta, o gusto polo deporte e a curiosidade por coñecer historias de mulleres con especial relevancia na contorna.

Na primeira edición foi Pepa a Loba e este ano, adicouse a ruta a Constanza de Castro como muller símbolo de resistencia. Segundo as Crónicas, Constanza termou o sitio das tropas do goberno de Castela durante case 12 meses no Castelo de Vilaxoán. Só a súa morte envelenada rendeu a fortaleza, considerada por moitos o último bastión do reino de Galicia.

Para conmemorar a vida desta afouta muller, biciclistas galegos recorreu camiños, sendeiros e fragas para achegar aos participantes desta edición ata ao Castelo de Vilaxoan, máis coñecido como Caldaloba. Alí fíxose unha breve explicación da vida de Constanza ao punto de para voltar ao punto de partida na praia da madalena de Vilalba.

A actividade duns 30 km tivo gran aceptación e as prazas dispoñibles foron esgotadas en moi pouco tempo.

A Ruta da Muller forma parte da programación anual desta asociación que este ano está formada por máis de 13 actividades con distintas temáticas, dificultades e obxectivos ás que se suman saídas de iniciación convocadas case semanalmente. O obxectivo é desfrutar da bicicleta dun xeito non competitivo e cicloturista, reforzando o compañeirismo e poñendo en valor as riquezas paisaxísticas e turísticas e históricas das zonas onde se desenvolven.

De cara ás vindeiras datas cumplimentarase o calendario deste ano coa Primeira Volta á Terra Chá en bicicleta clásica, o vindeiro 7 de outubro, unha ruta polo Forgoselo o 17 de decembro e a tradicional ruta de fin de ano para despedir 2023.

Biciclistas galegos é unha asocación deportiva e clube ciclista domiciliada en Vilalba que compoñen actualmente máis 140 socios e socias.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18758893013