Biciclistas Galegos conquistan Sotavento
O pasado domingo 21 de outubro, medio centear de rapaces e rapazas de varios Concellos galegos participaron nun novo itinerario cicloturista organizado por Biciclistas Galegos en Xermade. A marcha trascorreu por estradas secundarias do Concello e tivo como punto de maior dificultade unha subida duns 10 km ata o Parque Eólico Experimental Sotavento onde de instalou un abituallamento para repoñer forzas.
Esta actividade enmárcase no calendario anual de recorridos en Bicicleta que organiza biciclistas galegos e cos que se pretende dar a coñecer os valores da comarca ao tempo que se desfruta do contacto ca natureza, do deporte e se dinamizan os negocios rurais.
Neste caso, elexiuse o Parque Eólico Experiemental Sotavento, un lugar emblemático e singular de Xermade que é moi valorado por afeccionados ao ciclismo pola súa situación xeográfica e accesos.
No próximo mes de novembro, as actividades previstas por biciclistas galegos incluirán una charla sobre adestramento deportivo, unha nova marcha cicloturista no Concello de A Capela e, xa cara o fin de ano, “O saúdo dende os cumios” onde convocan a afeccionados de distintos Concellos a despedir o ano dende os cumios máis emblemáticos das súas respectivas localidades.