Biciclistas galegos organiza catro xuntanzas de iniciación á bicicleta de montaña

TerraChaXa
4 Feb 2019

Biciclistas Galegos organiza catro xuntanzas de iniciación á bicicleta de montaña. A primeira delas levarase a cabo o vindeiro sábado 9 de febreiro. O lugar de reunión será na explanada da piscina do río da Magdalena en Vilalba a partir das 12.00 horas. Para participar é necesario enviar nome completo, DNI e idade do participante a contactobiciclistas@gmail.com.

Dado que non ten ánimo de lucro os 5 euros de inscrición serán investidos integramente no desenvolvemento da actividade: seguros, abastecementos, etc.

Na xornada, realizarase un achegamento práctico a este deporte abordando cuestións relacionadas coa bici de montaña, materiais, técnica, manexo de cambios, mecánica básica, normas, etc. Vai dirixida a todos os públicos  a partir dos 9 anos e que sepan andar en bici. Tamén se pode participar en familia. As prazas son limitadas.

É obrigatorio o uso de casco e tapóns nos manillares e usar bicicleta de montaña. Os menores deben traer a autorización escrita dos seus pais e titores.

Esta actividade forma parte do extenso programa previsto pola asociación biciclistas galegos para o ano 2019. Adicada ao ciclismo e á orientación conta con máis de 120 socios e socias.

0.19855618476868