Bo papel dos deportistas vilalbeses nos Campionatos de España en Cartagena

Esta fin de semana, varios representantes do Club Loitas Olímpicas Vilalba viaxaron a Cartagena para competir nos Campionatos de España das categorías U15, U17 e U23, logrando destacados resultados para o deporte galego.
O sábado pola mañá foi a quenda dos U15, onde os galegos conseguiron varios podios. Entre eles, sobresae a actuación dos vilalbeses Jimena García e Enrique Seoane, que acadaron a medalla de prata. Ademais, Héctor Somoza e Bruno Pintos —este último do Club Lugo— finalizaron no 5º posto, mentres que Alejandra Valle pechou a súa participación na 12ª posición.
O domingo competiron os U23, e novamente houbo éxito para os representantes de Vilalba. Kevin Cuba subiu ao podio cunha medalla de bronce, mentres que Xiao Seoane logrou un meritorio 5º posto.
A próxima cita para estes deportistas será o 5 de abril en Melide, onde as categorías de base competirán na Liga de Deporte Base.