Boa participación do club Atletismo Friol no campionato galego de Ourense

TerraChaXa
Boa actuación dos deportistas do Atletismo Friol no Campionato Galego de pista cuberta para as categorías sub 12 e sub 14 e cadete
club atletismo friol 1
14 Mar 2022

Boa actuación dos deportistas do Atletismo Friol no Campionato Galego de pista cuberta para as categorías sub 12 e sub 14 e onde estiveron representados por cinco deportistas.

A actuación máis destacada foi a de Sofía López, que cun crono de 9.25 nos 60 metros lisos, conseguiu a quinta posición na categoría sub 12. Moi destacable foi a actuación da súa compañeira Susana López, que finalizou na sexta posición cun rexistro de 9.29 segundos.

Pola súa parte, Mateo Villar logrou a quinta posición na distancia dos 2.000 metros lisos, cun mellor rexistro de 6.55 minutos, mentras que a súa compañeira de equipo Oihane Gómez conseguiu a novena posición nos 60 metros valos cun tempo de 11.38 segundos. Por último, na proba de lanzamento de peso, Antía Iglesias foi décima cun mellor lanzamento de 7.25 metros.

CAMPEONATO GALLEGO CADETE

Con anterioridade, disputouse o Campionato Galego sub 16 de pista cuberta, onde o club friolense estivo representado por cinco deportistas.

Noa Mouriz foi a atleta máis destacada neste evento de máximo rango autonómico, xa que logrou a cuarta posición no concurso do triple salto cun mellor rexistro de 9.52 metros. Tamén participou na distancia dos 60 metros valos onde acadou a décima posición. Pola súa parte, Mara Montes tamén participou nesta mesma disciplina dos valos, onde finalizou en novena posición.

Pola súa parte, Ramón Loureiro foi décimo na proba dos 600 metros lisos, onde Mateo Sánchez e Samuel Villar remataron na decimoquinta e decimosexta posición respectivamente.

0.18940091133118