Boizán celebra as festas na honra a San Antón esta fin de semana

TerraChaXa
Todos os actos realizaranse nun campo cuberto con carpa, garantindo así o éxito do evento independentemente das condicións meteorolóxicas
festas-boizan-vilalba-2
30 Jan 2026

A parroquia de Boizán, no Concello de Vilalba, está lista para honrar a San Antón cun programa de festas que terá lugar esta fin de semana. A celebración incluirá actos relixiosos, sesións vermú e actuacións musicais.

O sábado 31, ás 13:30 horas, celebrarase a misa solemne seguida da tradicional procesión. A continuación, terá lugar a sesión vermú co grupo Jaque, que tamén será o encargado de amenizar a verbena da noite, acompañado do dúo Caramelo.

O domingo 1, a xornada comezará de novo ás 13:30 horas coa misa solemne e procesión. Tralos actos relixiosos, os asistentes poderán desfrutar da sesión vermú a cargo do dúo Caramelo de novo, que tamén será o broche musical das festas.

Todos os actos realizaranse nun campo cuberto con carpa, garantindo así o éxito do evento independentemente das condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.081508874893188