Bonet Cid Salgado xulgará o concurso de gando da Moexmu

TerraChaXa
A comisión organizadora da XL edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo.
bonet cid salgado xuiz moexmu portaa
24 Xan 2024

A comisión organizadora da XL edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo.

Bonet Cid Salgado será o vindeiro xuíz do Concurso de Gando de Muimenta, que celebra o seu XXXVIII aniversario.

Bonet é un gran coñecedor da Moexmu, xa que, dende moi novo, e xunto a seu irmán Iván participaban no concurso de xóvenes gandeiros, con cabezas de gando da granxa familiar. É a primeira vez que será o xuíz en Muimenta.

Nacido en Lugo en 1983, é socio da Gandería Cid de Barreiros, granxa familiar composta por 180 animais de raza frisoa, das cales hai unhas 90 vacas en produción.

Con esta gandaría participa de forma asidua en concursos morfolóxicos desde finais dos anos 80, conseguindo diferentes galardóns entre os que se poden destacar o de Vaca Gran Campioa de Galicia en 2006 e Vaca Gran Campioa no Concurso Nacional de Outono Conafe 2007, con Rosalía James, vaca elixida Vaca do ano 2007.

Ademais conseguiu o título de Mestre Criador na avaliación xenética de xaneiro de 2007.

Bonet Cid é xuíz de Conafe desde o ano 2008. Desde entón xulgou diversos concursos no noso país, como o Concurso Nacional de Raza Frisoa celebrado en Xixón en setembro de 2016; o Concurso de Euskal Herria en 2010, 2015 e 2017; o Concurso Catalán da Raza Frisoa en 2011 e 2017 e nas illas Baleares o Concurso da Raza Frisoa de Mallorca en 2013 e de Menorca en 2015.

Tamén xulgou, entre outros certames locais, o Concurso de Galizano (Cantabria) en maio de 2016; o Concurso de Renedo (Cantabria) en xuño de 2017; o Concurso de Villaviciosa (Asturias) en setembro de 2017; o Concurso de Valle de Carriedo (Cantabria) en agosto de 2018; o Concurso de Gordesola en decembro de 2018 ou o Concurso de Nava (Asturias) en outubro de 2021.

A nivel internacional, en Portugal xulgou o Concurso de Illa Terceira (Açores) en 2009 e 2013, o Concurso de Gândara en 2010, o Concurso de Trofa e de Azores en 2013, o de Alto Miño e o de Murtosa 2015, e o de Braga en marzo de 2022.
Tamén participou como monitor nas Escolas de Preparadores de Conafe desde a edición de 2008.

A data de celebración será entre o xoves 4 e o domingo 7 de abril do 2024, e as edicións a celebrar son a XL da Mostra Exposición de Muimenta, a XXXVIII Concurso de Gando Frisón, a XXXVIII Exposición de Gando de Raza Rubia Galega e a XXVIII Poxa de Gando Selecto.

0.18979597091675