Bordelle celebra esta fin de semana as festas na honra a Santiago Apóstolo

TerraChaXa
Haberá o sábado un xantar popular e o último día para anotarse é o 24 de xullo
festas-bordelle
22 Jul 2025

A parroquia de Bordelle, en Santaballa, celebrará esta fin de semana as súas tradicionais festas na honra a Santiago Apóstolo os días 26 e 27 de xullo de 2025, cun completo programa de actividades relixiosas e festivas para veciñanza e visitantes.

O sábado 26 haberá misa solemne ás 13:00 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do grupo Los Key. Ás 15:30 horas terá lugar unha comida popular servida polo catering Valenciaga, cun menú que inclúe embutidos ibéricos, empanada, polbo á feira, churrasco mixto con ensalada e tarta de Santiago, con viño, auga, refrescos, café e chupito. O prezo do xantar é de 36 euros para adultos e 18 euros para nenos de 6 a 12 anos, sendo gratuíto para menores de 6 anos. O último día para anotarse é o 24 de xullo.

Pola noite, a festa continuará cunha gran verbena a cargo de Los Key e o Dúo Calú.

O domingo 27 de xullo, a xornada comezará tamén cunha misa solemne ás 13:00 horas e procesión, seguida dunha sesión vermú longa amenizada polo trío Banarama, co que se porán fin ás festas deste ano.

⚙ Configurar cookies
0.16762399673462