Bos resultados para o Club de bolos Xove no campionato de Nigrán

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Os pasados días 1 e 2 de agosto celebráronse os campionatos galegos de 1ª categoría e de 2ª categoría nas modalidades individual e de parellas de bolos.
escueladeenergia
8 Ago 2020

Os pasados días 1 e 2 de agosto celebráronse os campionatos galegos de 1ª categoría e de 2ª categoría nas modalidades individual e de parellas de bolos.

Neste campionato, xogado en Nigrán, o Club de Bolos Xove acadou na 1ª categoría en individuais un resultado impresionante xa que cinco dos seus xogadores quedaron entre os 12 primeiros.

O xogador do Club de bolos Xove Miguel López quedou subcampión, realizando un impresionante campionato perdendo 7-6 contra Jose M. Torres, que foi varias veces campeón galego e de España. Miguel tivo a tirada para gañar pero ainda que deu un bo golpe, os bolos non caeron e despois Torres non desaproveitou a ocasión.

Tamen fixo un bo papel Daniel Alonso quedando cuarto e eliminado en semifinais por Torres. Os outros xogadores de Xove que acadaron posto nos 12 primeiros foron Luis Rancaño, quinto, Álex Meitín, oitavo, e Cristian Rodríguez, onceavo.

Na 1ª categoría en parellas, a formada por Álex Meitin e Cristian Rodríguez acadaron un meritorio cuarto posto, xa que Álex arrastraba problemas físicos.

A parella formada por Miguel López e Daniel Alonso quedou eliminada en cuartos pola parella que despois foi a campiona do torneo.

En 2ª categoria Individual participaron dúas novas promesas dos bolos de Xove, Javier Alonso e Xenxo Salgueiro, que tiveron unha participación aceptable tendo en conta a sua idade. Javier Alonso quedou cuarto e Xenxo Salgueiro oitavo.

En 2ª categoria en parellas estos dous xogadores quedaron oitavos.

 

0.12163400650024