Bos resultados para o Club Loitas Olímpicas Vilalba nos Campionatos de España U13

TerraChaXa
Para a maioría dos e das participantes era a súa primeira experiencia nun campionato estatal
loitas-olimpicas-vilalab
12 May 2025

O Club Loitas Olímpicas Vilalba participou esta fin de semana nos Campionatos de España U13 celebrados na localidade madrileña de Tres Cantos, cunha representación de cinco deportistas da vila.

Destacaron Noela González, que acadou a medalla de bronce, e Bruno Pintos (do Club de Loita Lugo), que conseguiu a prata. Pola súa banda, Alonso Maceira, Sara Martínez e Alejandra Valle remataron en sétima posición nas súas respectivas categorías.

Para a maioría dos e das participantes era a súa primeira experiencia nun campionato estatal, polo que, malia aos nervios e á falta de experiencia, a competición supuxo unha importante aprendizaxe de cara ao futuro.

A selección galega proclamouse campioa por equipos, evidenciando o bo momento e a proxección da loita olímpica na nosa comunidade.

Algúns destes deportistas volverán competir a próxima semana no Torneo Villa de Gijón e, a finais de maio, na Xornada Final de Deporte Base, poñendo fin a unha intensa recta final de tempada para os e as loitadoras vilalbesas.

⚙ Configurar cookies
0.16798877716064