Brais das Hortas actúa en Outeiro de Rei

TerraChaXa
O sábado 13 de novembro ás 12:00 h terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei a actuación Consertasso na Horta.
consertasso na horta_portada
10 Nov 2021

O vindeiro sábado 13 de novembro ás 12:00 horas terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei a actuación musical Consertasso na Horta dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2021 da man de Brais das Hortas. Trátase dun concerto no que diferentes animais cantan cancións en diferentes estilos na horta de Brais.

"Unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo, o regge. Entre as cenorias os lagartos toman o sol ao son dun tumbao. Tamén hai sitio para os soños, como o de ser astronauta e outros temas e estilos. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentos máis", explican.

Música e humor para toda a familia con letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntos.

Entrada de balde ata cubrir aforo.

consertasso na horta outeiro
0.12751197814941