Brandán Márquez e Susana Alonso, gañadores da Ruta Btteiros Cova da Serpe

TerraChaXa
Brandán Márquez Fernández e Susana Alonso Carballo foron os gañadores este domingo da VI Ruta Btteiros Cova da Serpe
Podium masculino ruta btt cova da serpe
29 Ago 2022

Máis de 250 persoas participaron onte, domingo 28 de agosto, na VI Ruta Btteiros Cova da Serpe, unha proba organizada conxuntamente polo Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe.

Na categoría ‘Absoluta feminina’ a gañadora foi Susana Alonso Carballo, do Extol MTB Team, seguida de Eva Ortega Aguilar, do Extol MTB Team e de Ana María González Cuíña, do Mitto X-Sauce Team. Na ‘Absoluta masculina’ o gañador foi Brandán Márquez Fernández, do V Bike Team, seguido de Javier Busto Ramos e de Yago Fernández Obenza, ambos do Extol MTB Team.

Podes consultar a clasificación de todas as categorías na páxina web da Federación Galega de Ciclismo.

Podium FemININO ruta btt cova da serpe
0.18942403793335