Bretoña recupera o día 31 a IX edición da súa Ruta do Cabalo

TerraChaXa
A Asociación Amigos do Cabalo Os de Bretoña retomará a súa tradicional Ruta do Cabalo o sábado 31 de agosto na que será a súa IX edición, xa que leva sen celebrarse desde 2019.
ruta-cabalo-bretona-portada
19 Ago 2024

A Asociación Amigos do Cabalo Os de Bretoña retomará a súa tradicional Ruta do Cabalo o sábado 31 de agosto na que será a súa IX edición, xa que leva sen celebrarse desde 2019.

Esta proba, que non ten carácter competitivo, consiste nun  paseo a cabalo no que poden participar todos os que queiran sempre que se fagan responsables do seu propio animal

A programación da xornada dará comezo ás 10.00 horas coa recepción dos participantes no campo da festa de Bretoña.

Ás 10.30 dará comezo a ruta, que se  prolongará ata as 14.30 horas e na que se fará unha parada a media mañá para beber e para uns pinchos.

Finalizarán esta concentración ecuestre cunha comida dos participantes no propio campo da festa, comida que estará amenizada por DJ Billy La Para.

Neste xantar poden participar todas as persoas que o desexen, vaian a cabalo ou non.

Os interesados en sumarse a esta actividade deberán apuntarse ata o 28 de agosto nos teléfonos 689 606 003 ou 606 394 432.

ruta-cabalo-bretona
0.10846996307373