Bretoña acolle un obradoiro de alimentación saudable o 28 de maio

TerraChaXa
A actividade desenvolverase entre as 16:30 e as 20:30 horas e ten como obxectivo promover hábitos alimentarios equilibrados e responsables entre a poboación
obradoiro-alimentacion-a-pastoriza
23 May 2025

O mércores 28 de maio celebrarase no Teleclube de Bretoña un obradoiro dedicado á alimentación saudable, organizado polo Servizo Galego de Saúde, a Escola Galega de Saúde para Cidadáns e o Concello da Pastoriza.

A actividade desenvolverase entre as 16:30 e as 20:30 horas e ten como obxectivo promover hábitos alimentarios equilibrados e responsables entre a poboación. Ao longo da xornada abordarase a clasificación dos alimentos segundo a pirámide alimentaria, así como o papel fundamental que xogan os hábitos alimentarios no crecemento, a saúde e a prevención de enfermidades.

Ademais, ofreceranse propostas de merendas saudables, recomendacións para manter unha alimentación equilibrada segundo o método do prato, e aprenderase a interpretar as etiquetas nutricionais dos produtos.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando aos números 982 33 21 97 ou 629 53 47 93.

⚙ Configurar cookies
0.14254093170166