Bretoña celebra este venres ‘O Castañazo’, a súa tradicional Festa do Magosto

TerraChaXa
A cita terá lugar no Teleclube de Bretoña a partir das 19.00 horas, con castañas, música, sorteos e food trucks
A PASTORIZA magosto bretoña
13 Nov 2025

A parroquia de Bretoña, no concello da Pastoriza, prepárase para gozar este venres 14 de novembro da súa xa tradicional Festa do Magosto, coñecida como ‘O Castañazo’. O evento celebrarase no Teleclube de Bretoña a partir das 19.00 horas e incluirá unha ampla programación para todos os públicos.

Os asistentes poderán degustar castañas asadas e liscos, ademais de probar as propostas gastronómicas do food truck ‘Galicia Sabe Amar’, que ofrecerá comida gratuíta. Non faltará o servizo de bar, a música e un sorteo de agasallos para animar a noite.

A actividade está organizada pola Comisión de Festas de Bretoña 2026 e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello da Pastoriza. Desde a organización animan a veciños e visitantes a achegarse para celebrar o Magosto e compartir unha xornada festiva de outono en boa compañía.

⚙ Configurar cookies
0.070121049880981