Bretoña celebra o venres a festa do 8
A comisión das festas de Bretoña convoca este venres de novo a Festa do 8 cun xantar e festa veciñal, aos que están convidados todos os veciños.
O xantar terá lugar ás 15.30 horas, que estará servido polo restaurante Sarredo. O menú constará de empanadirllas, arroz caldoso, terneira con patacas, brazo de xitano, auga e viño e café, todo elo por 25 euros por persoa e, no caso dos nenos de entre 3 e 10 anos, por 15 euros.
Poderán participar no xantar os que desexen levar a comida da casa pero haberá que reservar mesa previamente. Para facer a reserva hai que chamar antes do 5 de setembro aos números de teléfono de Azurine (660 778 459), Brian (664 454 924), Lidia (674 818 363) e Miguel (674 351 968).
Trala comida haberá música para amenizar a festa un sorteo de varios produtos e inchables e animación para os máis pequenos.