Bretoña celebra o xoves a Festa do 8

TerraChaXa
A comisión das festas de Bretoña convoca este xoves de novo a Festa do 8 cun xantar e festa veciñal, aos que están convidados os veciños.
bretona festas do 8 portada
6 sep 2022

A comisión das festas de Bretoña convoca este xoves de novo a Festa do 8 cun xantar e festa veciñal, aos que están convidados todos os veciños.

A festa dará comezo coa misa ás 13:30 horas coa procesión, á que seguirá a sesión vermú a cargo do dúo Venus.

Ao mediodía terá lugar o xantar veciñal, que estará servido polo restaurante Sarredo. O menú constará de entrantes, paella, codillo, postre, café e chupito, todo elo por 25 euros por persoa.

Poderán participar no xantar os que desexen levar a comida da casa pero haberá que reservar mesa previamente. Tamén haberá servizo de pulpería.

Trala comida haberá música para amenizar a festa con Verónica Cambón e o dúo Venus.

bretona festas do 8
0.088098049163818