Bretoña e Fonmiñá celebran a Festa do 8 e as da Portería

TerraChaXa
A comisión das festas de Bretoña convoca este venres de novo a Festa do 8 cun xantar e festa veciñal, aos que están convidados todos os veciños.
festas fogos artificiais celebracion
7 sep 2023

A comisión das festas de Bretoña convoca este venres de novo a Festa do 8 cun xantar e festa veciñal, aos que están convidados todos os veciños.

O xantar terá lugar ás 15.30 horas, que estará servido polo restaurante Sarredo. O menú constará de empanadirllas, arroz caldoso, terneira con patacas, brazo de xitano, auga e viño e café, todo elo por 25 euros por persoa e, no caso dos nenos de entre 3 e 10 anos, por 15 euros.

Xa antes da comida haberrá misa solemen ás 13.30 horas con procesión e unha sesión vermú a cargo do grupo Fénix.

Trala comida haberá música para amenizar a festa un sorteo de varios produtos e inchables e animación para os máis pequenos.

A partir das 19.00 horas está prevista a actuación do dúo Belinda e pola noite a verbena volverá contar co grupo Fénix e o DJ Billy.

Tamén na Pastoriza están de celebración en Fonmiñá, que celebran as Festas da Portería. Serán dous días iniciando os actos ás 13.30 horas cunha misa. Haberá dobre sesión musical coa orquestra Venezia.

O domingo será o día grande. A misa será ás 14.00 horas e despois haberá un concerto de Leña Verde. O xantar consistirá nas merendas, nas que se pode participar na paella popular ou levar comida da casa. Esta estará amenizada pola charanga A Chocolateira. Durante a tarde están previstos xogos populares.

festa do oito bretona
festas da porteria pastoriza
0.18262887001038