Bretoña estará de festa a fin de semana do 23 e 24

TerraChaXa
A localidade celebrará as súas festas na honra a Santa María con verbenas, procesións e música durante toda a fin de semana
festas-en-bretona
19 Aug 2025

A localidade de Bretoña, na Pastoriza, acollerá a fin de semana do 23 e 24 as festas na honra a Santa María. Haberá unha previa, o venres 23 cunha verbena a partir das 22.00 horas, a cargo do grupo Tania Veiras e a orquestra Finisterre.

O sábado, a xornada festiva dará comezo ás 14.00 horas cunha misa solemne, procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Acordes, que fará unha dobre sesión na verbena da noite xunto a Panorama City.

O domingo, o oficio relixioso será ás 13.00 horas, con procesión e sesión vermú co grupo Fénix, co que se dará por rematada a festa.

⚙ Configurar cookies
0.19796180725098