Bretoña inicia o venres tres días de festa

TerraChaXa
A orquestra Fuego abrirá este venres a partir das 23.00 horas as festas patronais de Bretoña, organizadas na honra a Santa María.
festas patronais en bretona portada
17 Ago 2022

A orquestra Fuego abrirá este venres a partir das 23.00 horas as festas patronais de Bretoña, organizadas na honra a Santa María. O primeiro acto oficial será a verbena inaugural dos festexos, na que tamén estará Judith Cundins.

Ademais, o sábado 20 os actos festivos darán comezo coa misa solemne, ás 13.30 horas, seguida de procesión e a tradicional sesión vermú coa orquestra La Ocaband. Esta mesma tamén actuará na verbena xunto a Los Satélites.

As patronais de Bretoña chegarán ao seu final o domingo 21 coa actuación da orquestra Alma Latina en sesión vermú, trala misa e procesión, convocadas a partir das 13.00 horas.

festas patronais en bretona
0.14415907859802