Bretoña terá este sábado a súa festa dos nenos

TerraChaXa
Bretoña xa está preparando para o sábado a Festa dos Nenos, que este ano será durante toda a xornada con xogos e outras actividades.
festa nenos bretona portada
14 Xuño 2022

A localidade pastoricense de Bretoña xa está preparando para o sábado día 18 de xuño a Festa dos Nenos, que este ano será durante toda a xornada con numerosos xogos e outras actividades.

A festa terá o seu inicio ás 11.00 horas na praza con inchables e outros xogos con montamoslafiesta.es a cargo de monitores especializados.

Tamén haberá un xantar ao aire libre e, xa pola tarde, no campo da festa haberá espectáculos como o de Peter Punk Pallaso e os xogos tradiconais de Xotramu.

A organización lembra que en caso de  mal tempo usarase o pavillón.

A festa está organizada entre o Concello, a asociación de veciños local e os comercios da zona e ten un custe de dez euros.

festa nenos bretona
0.17480683326721