Bronce para dous vilalbeses na competición internacional de loita de Barakaldo

TerraChaXa
A próxima cita para os deportistas galegos será o Torneo Internacional de Burlada, en Navarra
podio-loita-barakaldo
1 Dec 2025

Este sábado celebrouse na localidade vasca de Barakaldo a competición internacional Maider Unda que reuniu centos de loitadores procedentes de diversos países. O combinado galego na categoría U13 contou coa participación dos vilalbeses Sara Martínez, en menos de 45 quilos, e Bruno Pintos, do Club de Loita Lugo, na categoría masculina de menos de 55 quilos. Ambos deportistas lograron subir ao podio tras impoñerse en varios combates, acadando dúas medallas de bronce.

Os loitadores estiveron acompañados e dirixidos por Pablo Pintos, técnico do Club de Loita Lugo, que tamén desprazou ata o País Vasco a varios competidores da entidade lucense.

A próxima cita para os deportistas galegos será o Torneo Internacional de Burlada, en Navarra.

⚙ Configurar cookies
0.069831132888794