Brusco aumento de casos activos e ingresados en UCI na provincia
A provincia de Lugo esperta este sábado con cifras moi negativas sobre la incidencia da covid. Tras dúas xornadas de crecemento contido, axudado polas numerosas altas, hoxe son 2.121 casos os que hai activos, 112 máis que onte (na xornada anterior foron 31).
Rexistráronse neste tempo 169 contaxios novos (onte foron 114) o que supón un novo aumento. Pola contra, as altas chegaron ás 7.818, 66 máis que o venres (o día anterior foron 87).
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 10.116 casos rexistrados e 170 persoas falecidas contabilizadas na provincia aínda que hai máis que morreron noutras áreas tras seren trasladados. Deste xeito, a provincia supera nesta xornada os 10.000 enfermos acumulados no seu histórico.
A presión hospitalaria volve desbocarse, especialmente na UCI, onde hai xa 21 enfermos, algúns deles traslados doutras áreas, 20 están no Hula (5 máis que onte) e 1 no de Burela. Hospitalizados en planta hai 56 persoas (unha menos) 32 no hospital de Lugo e 2 no Polusa (un máis), 10 na Mariña (2 menos) e 13 en Monforte (2 máis).
Nun percorrido pola provincia, a incidencia do virus continúa na mesma dinámica con baixada de casos na Mariña e crecemento incontrolado en Vilalba, Lugo, Monforte e Sarria. Tamén preocupa a situación en outras vilas como Quiroga ou Palas de Rei mentres Begonte segue en aumento extendéndose a Rábade.
POR COMARCAS
Terra Chá
Vilalba continúa imparable no seu crecemento de casos mentres A Pastoriza recupera a normalidade tras semanas en tensión polo gromo detectado en Bretoña. Agora a atención está na zona de Begonte, que segue á alza, Rábade e Outeiro de Rei. Nas Pontes aínda non se chegou ao tope.
- Vilalba segue á alza ata os 165 casos, 16 casos máis que onte.
- A Pastoriza deixa a zona de perigo ao baixar dos dez contaxios novos en quince días.
- Outeiro de Rei mantén os 16 de onte.
- Begonte sobe ata 22 (4 máis).
- Rábade entra na zona de atención con 10 contaxiados novos.
- Castro de Rei mantén os 10.
- Friol volve sumar dous casos e sitúase en 14.
- No veciño Concello das Pontes a progresión é á alza e xa son 61 os casos, 4 máis.
A Mariña
Mentres Viveiro e Xove seguen relaxando as súas cifras, Burela experimenta un inesperado incremento de casos ao igual que Ribadeo.
- Viveiro continúa o seu descenso paulatino de casos e certifica 157, 9 menos.
- Xove mantense no camiño da rebaixa de casos con 39, 2 menos.
- Burela experimenta unha nova subida con 12 casos novos ata 47.
- No Vicedo retrocede a incidencia en dous casos ata os 33 de hoxe.
- Cervo mantén como onte 17 casos.
- Ribadeo experimenta un novo ascenso de casos, con 4 máis e un total de 25.
- Foz volve subir en dous ata 12 infectados.
- Riotorto mantense en 12.
- Só Alfoz non ten casos novos nos últimos quince días.
Centro da provincia
O municipio de Lugo é o máis castigado pola pandemia e segue medrando, aínda que nesta xornada controlado. Preocupante a situación de Palas, que non se controla e onde deron positivo o alcalde e outros membros da Corporación. Outros Concellos empezan a subir de dez casos.
- Lugo conta con 408 casos, 6 casos máis que onte, o día anterior sumou 20.
- Palas de Rei segue imparable con dez contaxiados máis e un total de 76.
- En Monterroso sobe 5 máis e a incidencia é de 15.
- No Corgo manteñen 12.
- Castroverde debuta con 11 casos e Becerreá con 10.
- A zona da Montaña rexistra varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín.
Comarca de Sarria
A vila de Sarria segue en situación moi preocupante cun crecemento desproporcionado causado por novos positivos no centro de maiores.
- Sarria experimenta outra brusca subida de contaxios con 33 máis e fan un total del 195.
- Láncara, co gromo máis controlado, rebaixa un caso e mantén 21.
- Paradela sobe ata os 16 casos (2 máis) e o Incio volve ter menos de 10.
- Triacastela e O Páramo non teñen contaxios novos nos últimos quince días.
Ribeira Sacra
Monforte centralizada o volumen na comarca e superando as dúas centenas. Preocupa a incidencia en Quiroga, que supera os cen casos e no resto os movementos son pouco notables.
- A vila de Monforte contabiliza hoxe 222 casos, 11 casos máis que onte.
- Quiroga segue crecemento pero de forma máis lenta con 117, 5 máis que onte.
- Chantada ten 53, 1 máis que onte e Taboada suma xa 10.
- O Saviñao é outro dos afectados con 30 casos, 1 menos.
- Pantón sobe 2 máis ata os 25.
- Ribas de Sil sobe tamén, cun caso novo e 15 en total.
- Sober mantense en 12.
- Bóveda sae da zona de atención con menos de dez casos.