BTTeando por Guitiriz celebra este domingo a derradeira cita coa Ruta do Nadal

TerraChaXa
As inscricións estarán abertas ata este xoves, 11 de decembro e o itinerario contempla un percorrido de 20 quilómetros pola contorna de San Breixo e Santa Leocadia
btteando-por-guitiriz-2025
11 Dec 2025

O domingo 14 de decembro, o Concello de Guitiriz e o Club Btteiros Cova da Serpe organizan a última saída da sétima edición do programa BTTeando por Guitiriz, que nesta ocasión levará por nome Ruta do Nadal.

A actividade, que servirá para despedir o ano sobre rodas, contará cun percorrido de 20 quilómetros e aproximadamente 300 metros de desnivel, cunha dificultade sinxela e apta para todos os públicos.

A saída realizarase desde a igrexa de San Breixo ás 10:00 horas, desde onde tamén se dará por finalizada a ruta. O itinerario discorrerá pola contorna de San Breixo e Santa Leocadia, permitindo ás persoas participantes desfrutar da paisaxe e do patrimonio natural e cultural da zona.

A inscrición é totalmente gratuíta e permanecerá aberta ata este xoves, 11 de decembro, a través do formulario dispoñible no código QR incluído no cartel da actividade.

⚙ Configurar cookies
0.058174848556519