BTTeando por Guitiriz regresa o domingo coa Ruta do Lado Oscuro

TerraChaXa
Serán 20 quilómetros e uns 200 metros de desnivel, cun itinerario que discorrerá polas pistas das parroquias do Buriz, Labrada e Os Vilares
btteando-por-guitiriz-cova-da-serpe
8 Oct 2025

O programa BTTeando por Guitiriz retoma a súa actividade este domingo, 12 de outubro, logo do parón estival, coa celebración da Ruta do Lado Oscuro. O programa, posto en marcha polo Concello de Guitiriz en colaboración co Club Btteiros Cova da Serpe, ofrecerá nesta ocasión un novo percorrido pensado para os afeccionados á bicicleta de montaña.

A ruta terá unha distancia aproximada de 20 quilómetros e uns 200 metros de desnivel, cun itinerario que discorrerá polas pistas das parroquias do Buriz, Labrada e Os Vilares. A saída está prevista para as 10:00 horas desde o Campo da Festa do Buriz.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse ata o xoves, 9 de outubro, a través dun formulario en liña, dispoñible nas redes sociais do Concello e do Club Btteiros Cova da Serpe, así como na páxina web municipal.

Esta será a quinta saída da sétima edición do programa, que ano tras ano continúa a consolidarse con grande éxito entre a veciñanza. Lémbrase que é obrigatorio levar casco, ademais de aconsellable portar auga e unha peza de froita para a ruta.

Ademais desta saída, o programa recolle outras dúas antes de que remate este 2025: a Ruta Gravel Guitiriz (16 de novembro) e a Ruta de Nadal (14 de decembro). Sempre pode haber algún cambio nas datas debido ás inclemencias meteorolóxicas ou a outra causa xustificada, ante calquera dos casos avisarase coa maior antelación posible.

⚙ Configurar cookies
0.056757926940918