Btteiros Cova da Serpe celebra o seu décimo aniversario cunha ruta

TerraChaXa
Será unha proba apta para todos os públicos maiores de 18 anos
btteiros-cova-da-serpe-presentacion-ruta
17 Ago 2024

O próximo 1 de setembro Btteiros Cova da Serpe de Guitiriz celebra a KDD X Aniversario Btteiros Cova da Serpe. Será unha proba apta para todos os públicos maiores de 18 anos. Contarán con 2 tipos de percorridos: un de 29 quilómetros e dificultade física e técnica media  e outro máis longo de 41 quilómetros de dificultade física alta e dificultade técnica media-alta.

As inscricións xa están abertas ata o vindeiro día 28 para todos os que se animen a participar nesta cita que terá lugar o día 1 de setembro. O xantar será na praza ao remate da ruta e a inscrición ten un prezo de 15 euros coa comida incluída no prezo. Trátase dunha proposta organiza polo Concello de Guitiriz e o club Btteiros Cova Da Serpe.

0.18155598640442