Burela acollerá o LIII Campamento Galego de Espeleoloxía
Nesta edición estudaranse as furnas mariñas da zona do Perdouro.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, explicou que “esta fin de semana vai ter lugar en Burela un campamento da Federación Galega de Espeleoloxía. Vamos a contar con varios espeleólogos que van a facer un estudio das furnas mariñas que temos na zona do Perdouro. Entendemos que é una boa oportunidade para seguir coñecendo todo este legado e esta zona xeolóxica que tan bos resultados nos está dando en canto a visitas e turistas durante todo o ano”.
O edil burelés contou que “o que nos vai facilitar este encontro é estudar un pouquiño todas estas furnas que temos sen estudar. Van entrar nelas e vamos ver o que nos podemos encontrar alí e de qué maneira nun futuro poderemos chegar a explotalas turisticamente”.
Fernández Rey engadiu que “este campamento vai celebrarse durante todo o fin de semana, sábado e domingo, e esperemos que os resultados destas xornadas sexan positivos para Burela, que poidamos encontrar cousas interesantes e que poidamos explotar incluso turisticamente e xeoloxicamente tamén, porque seguro que saen cousiñas moi interesantes”.
Ramiro Fernández tamén dixo que “dende o Concello estamos brindando toda a colaboración posible, estamos poñendo os medios para que poida facerse dunha maneira segura e esperamos que os resultados destas xornadas sexan positivos, poidamos sacar conclusións positivas e poidamos aprender de todo o potencial que temos aquí en Burela”.