Burela analiza nunhas xornadas o feminismo étnico-racial e a cousificación detectada

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Continúan as Xornadas Diversidade Étnico-Racial, que se están desenvolvendo en Burela, cun programa que inclúe este sábado 21, ás 11 horas, a charla titulada Cousificación e hipersexualización étnico-racial, impartida por Jean Cosa, na sala multiusos da casa de cultura burelesa.
20 sep 2019

As xornadas vanse prolongar ao longo de setembro e outubro. Xa houbo unha charla de estranxeiría, figura a anteriormente anunciada e a continuación, a presentación do libro 'Mulleres negras na ciencia', de Zinthia Álvarez Palomino, o 27 de setembro e 27 de outubro, no centro de saúde.
Os encontros rematarán coa charla titulada Alianzas desde a perspectiva do feminismo negro, tamén a cargo de Álvarez Palomino, que se celebrará o 4 de outubro ás 20 horas, na sala multiusos da casa da cultura.
As xornadas organízaas o Observatorio da Mariña pola Igualdade e conta coa colaboración do Concello de Burela, a Deputación de Lugo e o Sergas.
0.13571310043335