Burela cédelle ao parque de bombeiros de Barreiros o vehículo de incendios

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Burela vaille ceder o seu vehículo de extinción de incendios os parque comarcal de bombeiros de Barreiros cando este o precise.
Burela cédelle ao parque de bombeiros de Barreiros o vehículo de incendios
9 Ago 2019

O Concello de Burela vaille ceder o seu vehículo de extinción de incendios os parque comarcal de bombeiros de Barreiros cando este o precise. O alcalde, Alfredo Llano, di que é moi positiva a colaboración entre o devandito parque e o Concello burelés.

O rexedor explicou que “recibimos a petición formal de Fernando González, que é o coordinador dos parques de bombeiros da provincia de Lugo, e que tamén está operativo no de Barreiros onde a súa responsabilidade é a de sarxento, para facer uso do noso camión de extinción de incendios que temos moi ben dotado en Burela”.

Llano dixo que “é un camión extraordinario para facerse cargo daquelas necesidades que poidan xurdir derivadas dunha situación de urxencia como pode ser un incendio ou unha intervención inmediata. Nosoutros imos deixalo para as veces que o necesiten e que o precisen porque cremos que debe haber unha cooperación e unha axuda institucional, para atender todas as necesidades, sempre pensando no ben común da xente. Consideramos que é algo moi positivo porque os bombeiros tamén van colaborar con todos os Concellos, pero concretamente con Burela xa o están facendo. Imos programar cursos, formación e algún tipo de actividade que vaia ben para o conxunto da poboación”.

O alcalde engadiu que “lles deixamos este vehículo, que como digo está moi ben dotado, para facerse cargo das necesidades que poidan xurdir para os bombeiros da comarca”. 

0.066159963607788