Burela celebrou o Día Internacional do Consumo Responsable con diversas actividades
TerraChaXa | AMariñaXa
Burela celebrou o Día Internacional do Consumo Responsable no que a súa finalidade é promover e practicar o consumo responsable de produtos e recursos.
15 Mar 2019
Burela celebrou o Día Internacional do Consumo Responsable no que a súa finalidade é promover e practicar o consumo responsable de produtos e recursos. As monitoras do Centro de Educación Gaia organizaron na Fundación Eu Son unha actividade titulada Xogos interactivos para aprender a ser un consumidor responsable, que se desenvolveu en diversas xornadas.
Os usuarios aprenderon sobre os hábitos de consumo e compras responsables decidindo que facer cos residuos que se xeran e evaluando as consecuencias das súas accións.
Noelia Mª Ben declarou que “un tercio dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano acaban desperdiciados, dando lugar a un problema con serias consecuencias ambientais, económicas e sociais”.