Burela e Castro perden nas semifinais da Copa Galicia de fútbol sala

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A final da Copa Galica de Sénior feminina de fútbol sala non contará con representación da provincia de Lugo logo de perder os dous finalistas, Burela e Castro, nas semifinais este mércores.
fsf castro
15 Feb 2024

A final da Copa Galica de Sénior feminina de fútbol sala non contará con representación da provincia de Lugo logo de perder os dous finalistas, Burela e Castro, nas semifinais este mércores.

O Castro FS, que xogou na casa, caeu por 0-3 ante o Marín. As chairegas fallaron moito na porte e iso castigounas ao final, cando encaixou dous goles.

Deste modo, o equipo vermello perde a ocasións de estar na final malia ter superadas as dúas probas anteriores. Na primeira xornada desta competición o Castro goleou ao Meigas por 1-7 e en cuartos venceu por 2-0 ao Ourense CF.

O Burela caeu pola contra na quenda de penaltis ante o Poio, logo de empatar o partido 3-3. As laranxas gobernaron o marcador nos primeiros minutos, cando se puxeron 2-0, pero remontaron antes do intermedio as visitantes ata o 2-2. Xusto á volta de vestiarios, dous goles seguidos puxeron o empate co que rematou o duelo. Nos penaltis o equipo laranxa non estivo acertado e quedaron 1-3.

O equipo mariñao non disputou a fase previa e en cuartos goleou ao Meiras 0-9.

0.14848303794861