Burela organiza un curso teórico práctico de iniciación á poda e ao enxerto

TerraChaXa | AMariñaXa
4 Feb 2019

A concelleira burelesa Noelia María Ben anunciou a organización dun curso teórico práctico de iniciación á poda e ao enxerto, que se desenvolverá o día 22 de febreiro, venres.
A edil explica que hai 30 prazas, terán preferencia os veciños de Burela empadroados no noso concello e é gratuíto. A inscrición xa está aberta e pode facerse na Oficina de Medio Ambiente, sita na Praza de Abastos, ou ben por teléfono, no 647.13.66.73.
O curso terá unha duración de oito horas lectivas, de 9:30 a 13:30 e de 15:30 a 19:30, nas que dun xeito ameno os participantes aprenderán as técnicas e épocas de poda máis adecuadas para cada tipo de froiteira ou especies ornamentais. Repasaranse tamén os distintos tipos de enxertos.
Constará de clases teóricas no salón de conferencias municipal e de clases prácticas de podas de froiteiras e ornamentais nos hortos ou xardíns dos alumnos.
O curso será impartido pola enxeñeira técnica agrícola Luisa María Granja Domínguez.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19682812690735