Burela participa na campaña #OsMunicipiosCooperan

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 May 2020

O Concello de Burela participa na campaña #OsMunicipiosCooperan contra o coronavirus e a prol da solidariedade internacional. Está organizada polo Fondo Galego de Cooperación.

A concelleira de Inmigración e Cooperación, Noelia Mª Ben, lembra que “o noso Concello leva anos formando parte do Fondo Galego de Cooperación, de aí que agora nos adhiramos a esta nova proposta”.

Representantes das administracións locais socias do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e de países lusófonos como Mozambique, Cabo Verde, Guinea-Bissau ou São Tomé e Príncipe únense na campaña #OsMunicipiosCooperan, que busca reforzar a solidariedade internacional no contexto da crise xerada polo Covid-19. Alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras, deputadas e deputados provinciais,  persoal técnico municipal e dirixentes de asociacións de concellos protagonizan os vídeos de lanzamento, que poderán compartirse desde os perfís do Fondo Galego en Facebook e Twitter a partir de hoxe e ata o 25 de maio, Día de África.

Nas súas mensaxes, as e os gobernantes locais poñen en valor a cooperación para o desenvolvemento impulsada polos Concellos e Deputacións, que terán un papel chave na superación desta grave crise.

O Fondo Galego concentra moitos dos seus proxectos de cooperación ao desenvolvemento en moitos países da África lusófona. Neses lugares a pandemia actual do coronavirus engádese a epidemias anteriores e a unha situación de crise permanente, que os febles sistemas públicos de saúde e protección social non conseguen frear. En moitos lugares, o confinamento non é viable ou ben pon en risco a seguridade alimentaria de millóns de persoas que viven ao día. Ademais, tanto nos países empobrecidos ou en guerra como nos campos de refuxiados, faise complicado extremar as medidas de hixiene e autoprotección.

Calquera persoa ou entidade pode sumarse á campaña #OsMunicipiosCooperan empregando este hashtag ao publicar as súas mensaxes de apoio nas redes sociais. Alén dos vídeos curtos que se irán lanzando nos próximos días, a iniciativa incorpora outras accións como a recollida de adhesións ao manifesto “Cooperación contra o coroavirus” promovido pola Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, organización formada por nove fondos do estado que representan a máis de 1.300 municipios.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16126179695129