Burela programa para setembro diversas actuacións para o público infantil
A Concellería de Cultura de Burela presentou a súa programación para este mes de setembro no que se reanudará a actividade no Auditorio Municipal, a partires do vindeiro día 19. José Díaz subliñou que “se tomarán todas as medidas hixiénicas recomendadas polas autoridades sanitarias en prevención do Covid”.
O programa cultural dará comezo este mércores, 2 de setembro, coa actuación de Circo Chosco, que foi aprazada a pasada semana por causas metereolóxicas. O espectáculo, titulado Riscando o ceo terá lugar na praza do Concello ás 20.30 horas.
O venres 11 haberá outra representación a cargo de Mere Clown con Aparvaolimpiadas. Celebrarase na praza da Mariña, ás 20.30 horas, e inclúese na programación de Agadic-Rede de Teatros e Auditorios.
O sábado 19 retomarase a actividade no Auditorio Municipal coa actuación de Mircromina Teatro de Títeres que presentará Obradoiro de cartón. Será ás 11.00 horas. O espectáculo está dirixido a nenos e nenas maiores de 5 anos e encádrase no programa Ler conta moito.
O domingo 20 haberá cine infantil, tamén no Auditorio, con entrada de balde.
A programación do mes de setembro rematará o sábado 26, coa representación de Trémola Teatro con Que animaliño é?. Será ás 18:00 horas e enmárcase no programa Ler conta moito.