Burela prosegue coas actividades da Semana Europea da Mobilidade

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
17 sep 2019

Deron comezo en Burela, o luns 16, as actividades da XIII Semana Europea de Mobilidade, que se prolongarán ata o vindeiro domingo.

Os rapaces de 4º de Primaria do CEIP Vista Alegre foron Andando ao colexio, viron uns vídeos de seguridade vial e visitaron as dependencias do Concello, onde foron recibidos polo alcalde, Alfredo Llano, e polo concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández.

E as nenas e nenos de infantil e de 1º, 2º e 3º de Primaria do CEIP Vista Alegre asistiron a charlas impartidas pola DXT.

Camiñar e pedalear seguro é o título das conferencias de este martes, que chegarán tamén ao CEIP Virxe do Carme ao igual que Andando ao colexio.  

O luns entre as 17:30 e as 19:30 horas tivo lugar un taller de manualidades e pintacaras na praza da Mariña. Cos asistentes estiveron as monitoras de Gaia. 

E este martes, pola tarde a partir das 18.30 horas, desenvolverase o concurso de debuxo infantil Camiña connosco, destinado a rapaces e rapazas de ata 12 anos. Será na praza da Mariña e haberá agasallos para os participantes. 

As actividades da Semana Europea da Mobilidade, organizadas pola Concellería de Medio Ambiente, seguirán ata o vindeiro domingo, 22 de setembro, xornada na que se celebrará o Día sen Coches. 

0.17965984344482