Burela remata as obras do parque Rosalía e humanizará a do Hórreo
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
7 Oct 2019
O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, avanzou o remate das obras no parque Rosalía de Castro e a futura humanización da rúa do Hórreo, peonil.
É unha zona preto do peirao á que o Concello trata de dárlle singularidade utilizando para elo fondos da Xunta e do Concello.
Entre as actuacións que xa estaban encauzadas e que seguirán a súa senda atópase a instalación de iluminación no campo de fútbol e en varias instalacións deportivas.
En marcha, tamén de antes das eleccións municipais, está a ampliación do pavillón e tamén da Estación Depuradora de Augas Residuais, Edar.