Burela volve á alerta vermella por covid-19
A incidencia da covid-19 continúa a crecer na provincia. De feito, volveron aumentar os casos activos na xornada de onte e xa son 1.100, 29 máis que o día anterior. A situación ponse peor para Burela, que volve a estar en alerta vermella.
Para chegar a esta cantidade, entran en cálculo os 69 casos novos detectados e as 38 altas que se deron nas últimas 24 horas e que supoñen que a día de hoxe haxa un total de 4.339 persoas que superaron a enfermidade.
A esta cantidade hai que sumar un novo falecemento polo que xa son 115 as persoas que pderdon a vida dende o mes de marzo.
A presión hospitalaria mantense rebaixando en 59 persoas ingresadas aínda que unha menos na UCI e unha máis en planta. O Hula ten tamén 35 hospitalizados en planta (dous máis), o Hospital da Mariña con 13 (un menos) e o de Monforte mantense en 6.
En canto ao mapa de situación de alertas. Burela volve a entrar en vermello e súmase a Lugo, Vilalba e Sarria, que están na mesma situación. En laranxa mantéñense Monforte, Chantada e Guntín mentres que en amarelo seguen Viveiro, Xove, Cervo, Foz, Ribadeo, Castro de Rei, Cospeito, O Corgo e Láncara e incorórase de novo ao primeiro nivel Monterroso.
VIXILANCIA
A comisión sanitaria da Xunta acordou a vixilancia e seguimento da situación do Concello de Vilalba e Sarria debido ao crecemento da pandemia nestes termos municipais. O Concello chairego atópase en alerta vermella dende o 8 de novembro pero evitou o peche da hostalaría e o peche perimetral nas últimas reunións do comité clínico. Ademais, incrementou a súa incidencia a 14 días e xa son 66 os casos que rexistra o concello.
Deste xeito o Concello chairego podería unirse aos de Lugo, Burela, Monforte e Viveiro que aplicaron esta medida por un período dun mes.
Nestes últimos o comercio continuarí coa súa actividade e os desprazamentos por motivos laborais, sanitarios e educativos estarán permitidos. En canto ás actividade culturais limítase o aforo nos cines, teatros e auditorios ao 50% cun máximo de 30 persoas en recintos pechados.