Buriz acolle o día 18 unha ruta cabalar

TerraChaXa
As reservas para o xantar poden facerse ata o 14 de agosto
ruta-cabalar-buriz
Cartel
10 Ago 2024

A Asociación Cultural e Deportiva Ecuestre de Guitiriz organiza o sábado 18 de agosto unha Ruta Cabalar en Buriz.

Esta dará comezo ás 10.00 coa recepción dos participantes na capela de San Nicolás.

Ás 10.30 comezará o percorrido a cabalo, que incluírá unha parada con petiscos para concluír a xornada ás 13.30 horas co regreso ao punto de partida, onde haberá unha sesión vermú, amenizada polo grupo Dilema, e un xantar, que consistirá en polbo, carne ao caldeiro, sobremesa e café. Todo terá un prezo de 28 euros.

Durante a tarde, faranse varios sorteos e ás 19.00 horas está previsto un espectáculo de maxia para todos os públicos, Don Gelati, a cargo de Dani García. Ademais durante todo o día haberá animación para os máis pequenos entre as 13.30 horas e as 18.30 a cargo de Maylandia.

Pecharán esta festa cabalar co dúo dilema en sesión verbena despois da liscada de balde que haberá ás 21.30 horas.

As reservas para o xantar poden facerse ata o 14 de agosto nos teléfonos 669 769 577, 608 181 302, 648 517 539, 659 671 056 e 619 434 573.

0.14264607429504