Burning actuará na XXXIII edición da Feira de Fungos e Cogomelos

TerraChaXa
A XXXIII edición da Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes, unha das citas gastronómicas máis esperadas do outono pontés, encherase co música da mítica banda de rock en español Burning.
burning portada
27 sep 2023

A XXXIII edición da Feira de Fungos e Cogomelos das Pontes, unha das citas gastronómicas máis esperadas do outono pontés, encherase co música da mítica banda de rock en español Burning.

A cita será o sábado, 28 de outubro, ás 21:30 horas, Patio do Colexio Santa María. A entrada será libre ata completar aforo.

Precursores de todo o rock and roll patrio, e sobreviventes a máis de 3 décadas nos escenarios, a música de Burning segue sendo canallesca, enxebre, chulesca e nostálxica. Os seus temas transpórtannos ás noivas que nunca coñecemos, as barras que nunca soportaron as nosas penas e os cigarros que deixamos de fumar.

A súa música é para “experdedores”, para solitarios, para os amantes do esquecemento, de historias inconclusas, de “ayeres” e de xa cho dixen. O seu verbo fácil, a súa mirada turbia e o cheiro a fume son, para calquera alma sensible, un déja-vu. Exercicios de nostalxia que rememoran unha escena non vivida senón por vivir.

burning
0.18601298332214